Revista A Tenencia na rede

Están disponibles na rede os tres primeiros números da revista A Tenencia, editada pola Agrupación Instrutiva de Caamouco e dirixida por Ernesto López Naveiras. Desta revista presentouse recentemente o número 4.
A Agrupación Instrutiva de Caamouco é unha institución con sede en Caamoco (Redes) e creada en 1911 na Habana por emigrantes desa parroquia, co obxectivo de darlle aos seus veciños a posibilidade de ter unha educación de calidade. 100 anos despois a Agrupación sigue viva, e edita unha revista que a pesar de ser pouco coñecida ten unha calidade extraordinaria.
Nos números que acaban de poñer a disposición de todos na rede hai material de interese, por exemplo a imaxe de arriba que recolle un plano dunha lancha das Rías Altas, ademais de información da relación dos naturais de Redes co mar, tanto en Galicia como na Habana, na que estaban presentes na flota de viveiros que se adicaban a pesca da cherna no Yucatán.

Etiquetas

Un comentario sobre “Revista A Tenencia na rede

Comments are closed.