Roteiros pola Costa. A franxa costeira. O intermareal

O vindeiro domingo 27 de maio o Museo do Mar de Galicia organiza o roteiro A franxa costeira. O intermareal, dentro do seu programa Roteiros pola costa.
Durante o percorrido coñeceranse os principais aspectos medioambientais desta parte da costa de Vigo, centrándose na zona supramareal que permitirá coñecer a fondo o ecosistema dunar e o rochoso, e sobre todo na franxa intermareal, zona da praia afectada polos movementos periódicos da marea.
O roteiro é gratuito pero é preciso inscribirse previamente.

Etiquetas