Roteiros pola Costa. Bouzas

O vindeiro domingo 12 de febreiro, ás 11.00h da mañá, o Museo do Mar de Galicia retoma a actividade “Roteiros pola costa” cunha ruta por Bouzas, que servirá para valorar o pasado e presente industrial de Bouzas e a súa estreita relación co mar. O percorrido seguirá por Alcabre, onde se explicará a factoría de salgadura Romana, a Villae da Punta do Fiunchal e a Villae Romana de Punta Borralleiro na Praia Do Cocho, e rematará no Museo. É preciso inscribirse previamente neste formulario ou chamando ao 986 247 691.

Etiquetas