Ruta cultural guiada pola Ría de Vigo

Este domingo, o Museo do Mar e a Fundación Illa de San Simón poñen en marcha, conxuntamente, un percorrido cultural pola ría de Vigo para dar a coñecer os principais feitos históricos e características naturais deste espazo, e que se completa cunha visita guiada pola Illa de San Simón. As rutas continuarán catro domingos máis ata o día nove de novembro con dous horarios, un ás 10h e o seguinte ás 16h.

O circuíto conxunto, cunha duración de catro horas, partirá do peirao do Museo do Mar para navegar unha hora ata a Illa de San Simón, onde se fará un percorrido guiado de dúas horas, e regresar ao punto de saída.

Todos aqueles que queiran realizar esta ruta cultural poderán inscribirse mandando un correo electrónico a visitas@fundacionilladesansimon.org, a través da central de reservas da propia Fundación www.fundacionilladesansimon.org ou nos teléfonos 986 90 38 84 e 671 06 50 30, de luns a venres de 9 a 14 e 16 a 19h.

Etiquetas