Ruta de naufraxios polo mar de Cies

O vindeiro día 23 de xullo vai ter lugar unha Ruta de naufraxios polo mar de Cies, organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos, e que será guiada por Xosé Lois Vilar, arqueólogo e especialista en talasonímia, quen explicara a historia dos barcos que naufragaron preto de Cies, a súa pegada na talasonimia e a vida dos mariñeiros, percebeiros, e argaceiras da zona.

A saída será desde o porto de Baiona. O prezo é de 12 euros (socios do IEM 10 euros), menores de doce anos 10 euros. Na páxina web do IEM hai máis información e unhas instrucións moi detalladas sobre como facer a inscrición e o pago, que deben facerse como mínimo 48 horas antes da saída.

(Imaxe: Faro de Cies. Anxo Resúa. https://flic.kr/p/aqbZ4f)