Ruta polo mar de Oia

O vindeiro 6 de agosto o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) volve organizar unha ruta marítima, esta vez pola costa de Oia, desde Baiona, pasando polo faro de Silleiro ata o mosteiro de Oia. A xeira será guiada polo arqueólogo Xosé Lois Vilar. A saída está prevista para as 21:15 h debendo presentarse os viaxeiros ás 20:30 h no porto de Baiona.

O prezo e procedemento de inscrición e pagamento pode verse na páxina do IEM, e hai que ter en conta que a data límite para inscribirse é 48 horas antes da saída.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.