Sae o número 5 da revista Os Galos

O pasado sábado presentouse no Salón de plenos do Concello de Bueu o número 5 da revista Os Galos, editada pola asociación do mesmo nome.

Ana Gil, unha das coordinadoras, expresou o bo recibimento que ten a revista nos puntos de venta, xa que os contidos son valorados moi positivamente. No acto interviron os colaboradores da revista, o escritor Xaime Toxo, a poetisa Lucía Novas, a periodista Diana Bernardez, Salvador Rodriguez, e o debuxante Luís Davila, responsable da maquetación da portada e das viñetas da revista. E finalmente o Concelleiro de Cultura Andrés Lamosa, que destacou a importancia da colaboración entre os Galos e o Concello en distintas actividades.

A revista estará a venda a 3 euros nas librerías Abrente e Miranda, en Bueu. Que unha publicación desta temática chegue ao número 5 é unha excelente noticia, parabéns aos autores, e aos Galos.

Etiquetas