San Vicente. I Regata Emprosal de Clásicos.


O vindeiro día 30 de agosto, en Pedras Negras, ás 12:oo h vai ter lugar a I Regata Emprosal de Clásicos, organizada por Amigos da Dorna Méca e C.N.SanVicente.
Os interesados en participar poden ter máis información no programa e ficha de inscrición.

Etiquetas

4 cometarios sobre “San Vicente. I Regata Emprosal de Clásicos.

  1. isto de que os clubs náuticos se pasen ás dorns e ós barcos tradicionais chéirame a chamusco…a ver qé sae daí…pero, por si acaso non vos fiedes moito desa xente.

    1. dito dende a candidez da inorancia…
      ¿e por que non iamos fiar deles?
      Seica no mediterráneo hai moitos llauts nos clubes nauticos e apostan por eles. Tamén hai moitos barcos que asemellan ou lle chaman llauts sen selo, pero bueno…

    2. Sr. Anonimo:
      particularmente, que mais sectores da sociedade galega se enteren da cultura maritima e fluvial de Galicia, pareceme ben.
      Tamén decirlle que en ningún sitio se establece “pedigree” para esta sensibilidade e particularmente cada vez que unha asociación ou persóa se interesa polo mundo, que a min me gusta trato de animalo a que se interese mais, poder ser con mais ou menos intensidade según do meu bioritmo comunicativo.
      O meior ten toda a razón e detrás de algunha asociación pode estar “o mal” pero esta cualidade entendo que non ben definida pola nomenclatura do individuo se non mais ben polos seus actos, calificala en base a eso chamaríase discriminación, da que a sociedade coñece desgraciadamente diferentes formas.

      Particularmente non me parece mal que as dornas, gamelas ou galeóns amarren en pantaláns (tal como acontece no peirao de emb. tradicionauis de Bouzas)si este e o novo sistema de amarre o u a alternativa a esta acción. E poidan disfrutar de guindastres e zonas de mantemento en seco.
      O meior iniciativas como a do Nautico de S. Vicente provocan o espertar de conciencias (tamén pode ser que non, que sexan cousa de un tolo) e en algún tempo as embarcacións tradicionais ocupen espacios de uso portuario sen complexos.

      Polo pronto persoalmente felicito o “tolo” de S. Vicente.

      Reciba un saúdo.

      O Sorro

    3. Aiiiiii miña nai!!!

      Por qué non deixaremos de desconfiar sempre do veciño???
      no canto de darlle a benvida a unha moi boa iniciativa andamos sempre a buscar o punto negativo.
      Parabens a pedras negras por ese tipo de actividades, benvidas sexan veñan d quen veñan.

      Agardamos o día en q todos os clubs teñan unhas cantas actividades deste tipo no seu calendario anual de regatas. De verdade lle vedes algo de negativo? sería estupendo !!

      Gracias a todos polo voso traballo para que a nosa cultura maritimo fluvial recupere e estea presente en todos os recunchos do noso litoral.

      Unha aperta

Comments are closed.