Saveiro de Vela de Içar da Bahia

Os saveiros de vela de içar son uns barcos propios da Bahia, no Brasil, e que se adicaban ao tráfico de mercadorías, de forma similar aos galeóns das nosas rías.
Hoxe so quedan 18 exemplares, dous deles traballando, cando chegou a haber centos, pero como sucedeu cos galeóns o transporte por estrada fixoos inviables económicamente.
O perigo de desaparición desta tipoloxía de barco e dos saberes asociados levou a un grupo de interesados en 2008 a formar a asociación Viva Saveiro, para a recuperación e preservación dos barcos existentes. A asociación promove regatas e proxectos para recuperar saveiros que están en risco de perderse para sempre.
O saveiro é sorprendente para nos porque non ten obenques, a pesar da enorme vela que arma, similar a unha cangrexa sen botavara.
Parece ser que a súa orixe ten que ver con tradicións construtivas traidas da India polos portugueses, ainda que a súa proa lembra as das dornas e dalgún outro tipo europeo de barco.

Brasil foi un punto de encontro entre as formas de construir e pescar europeas, indíxenas e afro-indias, e dado o tamaño e variedade da súa costa é un pais moi rico en distintas tipoloxías de barcos.

(Foto Turismo da Bahia)

Etiquetas

12 cometarios sobre “Saveiro de Vela de Içar da Bahia

  1. Boas companheiros. Ainda existem alguns barcos de nome saveiros na costa do Algarve, embarcações pequenas que agora se deslocam com motor fora de bordo, mas que antigamente andavam à vela.
    Abraços desde Viana

  2. Non só a proa, se vos fixades no timón (ou leme) parescese moito o dun carocho do rio Miño.
    Penso que pagaría a pena que un arqueólogo naval ou calquer estudioso do tema investigase a relación dos barcos do Nordés Brasileiro con Galiza (que seguro ca hai).
    Saudos dende o Val Miñor.

    1. Boas.

      Eu hai xa tempo fixen algún contacto con xente que se adica a investigar no tema das embarcacións tradicionais do Brasil . Teño material. E hai curiosas coincidencias.
      Tamén enviaronme un DVD sobre un proxecto de posta en valor ( termo non é o idóneo pero chamésmolle así)das embarcacións do Maranhao. E mirámolo algúns menbros da x.d.Igualmente amosei algúnha ilustración sobre algunha coincidencia abraiante. Falei de contactar con eles pero daquela na x.d.nin me dixeron ni sí nin non.
      Creo que paga a pena seguir o fío e teño xa algún material de investigación sobre o tema . Si se quere se pode. Hai que ter vontade. E por parte dos brasileiros non vai haber problema. Deixo sobre a mesa este ofrecimento e direivos que é un tema interesante.

      1. Na FGCMF non funcionamos deixando as cousas enriba da mesa para que outros as resolvan. O que precisamos é xente que colla os temas e os desenvolvan porque todos somos voluntariado e polo tanto todos temos que arrimar o lombo. O que estás a comentar lembrame moito a típica situación deste país, onde mentras 2 persoas están a facer un traballo outras 10 persoas miran para eles discutindo como debería facerse o traballo. Si tes ganas de traballar sobre o tema ¡avante¡, non o deixes enriba da mesa.

      2. Melhores Cumprimentos

        Vejo que está interessado nas embarcações do Brasil. As do Maranhão são especialmente diferentes das outras do nordeste, do sudeste e do sul, creio que pelas condições do mar e das marés, pois é na costa do maranhão que temos as maiores amplitudes de marés do Brasil, onde chegam a 7 metros. Mesmo dentro da mesma tipologia, há variações, como o saveiro rabo-de-peixe e o saveiro de espelho de popa. Então há muito campo a ser estudado, e as coincidencias são mais que curiosas. Como foi dito no post paralelismos, há muitas referencias a carpinteiros galegos em todo o Brasil.Vi que o saveiro do Algarve tem outra proa, assim como as nossas traineiras daqui, que se adaptaram as aguas rasas. Já tenho feito pesquisa a algum tempo, mas comheco poico as tipologias doa barcos de voces, então peço ajuda para que possamos seguir o fio,
        cada um da sua banda do mar.Ofereço meu pequeno acervo e uma grande vontade de investigar.
        E acredito que as diferenças da linguagem não vão atrapalhar!

  3. Melhores cumprimentos aos aficionados pela cultura marítima.

    No post PARALELISMOS, de 25/9 comentei acerca das relações entre os saveiros e as dornas, especialmente a proa e a tábua de arremate. Este da foto é o de vela de içar, há também os de vela de pena, uma vela triangular latina, e alguns com dois mastros. Realmente estes maiores, com até 20 metros de eslora, estão se acabando, ou pelo menos o uso da vela. A maioria já usa motores diesel. Os menores, de vela de pena, ainda estão em atividade de recreio e pesca artesanal. No início do ano, temos a tradicional regata João das Botas, na Bahia, onde só podem participar embarcações tradicionais, e já se tornou festa popular.
    O saveiro e´uma das tipologias mais estudadas no Brasil, pela sua utilização como transporte, turismo e lazer.
    Encaminho foto de um saveiro de vela de pena de 6 metros, para que vejam a similaridade com a dorna.[img_assist|nid=16355|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=75]

  4. Pois mirando unhas fotos dun folleto do Ecomuseu Municipal do Seixal, así como o libro tamén do Ecomuseu “barcos, memórias do Tejo” vexo que os barcos de Vela de Içar da Bahia teñen moito parecido cos Bote-de-fragata do estuario do Tejo, pola proa, polas cores, pola vela, etc.

    1. No correo anterior esquecín enviar as fotos do bote-de-fragata do Tejo, haí van algunhas[img_assist|nid=16360|title=bote-de-fragata do Tejo|desc=|link=popup|align=left|width=59|height=100]

    2. [img_assist|nid=16361|title=bote-de-fragata do Tejo|desc=|link=popup|align=left|width=76|height=100]

      1. Ola Victor e compaña! vendo as fotos todas duns e doutros, a miña conclusión particular é que é innegable que as embarcacións galego-portuguesas da fachada atlántica e as do Brasil máis antigo, onde primeiro foi poboado por europeos refírome, están emparentadas.
        Saudos e boa proa.

Comments are closed.