Secuencia construtiva do Arsenal de Ferrol no século XVIII

Baixo a dirección do profesor José Ramón Soraluce Blond, Roi Ríos estuda a secuencia construtiva do Arsenal de Ferrol no século XVIII dentro do Mestrado en rehabilitación arquitectónica da Universidade da Coruña

Este traballo recolle por un lado o estudo das diferentes propostas que houbo para a construción dun arsenal en Ferrol, e por outro a secuencia construtiva que finalmente se levou a cabo. A síntese deste traballo é moi meritoria, porque non so fai accesible unha gran cantidade de datos dispersos en documentos e planos orixinais da época, senón que contén numerosas infografías que permiten apreciar mellor a evolución do Arsenal e imaxinar os outros arsenais que non se construiron finalmente.

(Infografía Roi Ríos)

Etiquetas