Seguen as Conversas do Axexo

O vindeiro xoves 12 de xaneiro as 20:00 no salón de Actos do Museo do Mar de Galicia, terá lugar a conferencia “A historia do somerxible Sanjurjo e de outros prototipos españois” por Diego Quevedo, subtenente da Armada, e un dos máximos coñecedores da historia naval sobre somerxibles de España, quen ten escrito varios artigos e libros ao respecto, en especial sobre Isaac Peral.

O Museo do Mar de Galicia segue a render tributo a Verne a traveso da súa programación. Ao inicio este martes de obradoiros científicos para escolares que complementan ás unidades didácticas que se levan a cabo dende o mes de novembro, o novo Ciclo de As Conversas do Axexo, salientará dous aspectos importantes na obra de Verne: o desenvolvemento industrial e a divulgación científica.

O Ciclo terá continuación cunha conferencia que impartirá o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Anxo Fernández González, sobre o desenvolvemento industrial da Galicia costeira. Dita conferencia terá lugar o xoves 19 de xaneiro

Etiquetas