Seguimos traballando no web

Ampliamos a tres columnas o deseño, e xa está activo o inglés como idioma da interface, non así dos contidos, por agora. A apariencia gráfica do sitio é transitoria. Seguiremos introducindo cambios polo que é moi posible que haxa problemas puntuais no funcionamento do web.

Etiquetas

12 cometarios sobre “Seguimos traballando no web

    1. O do inglés é moi boa idea, pero hai que ter en conta que este web é un referente para xente de toda españa e sería interesante poñela tamén en castelan

  1. Xocas, vai moi ben. Se acaso o que vos comentaba hai tempo: por un apartado en Seccións, onde se poida baixar a lexislación que nos afecta, Decretos inspeccións, seguridade, matriculacións, etc.

  2. Imos por partes: no tema de imaxes e cores pedímosvos un pouco de paciencia, tardaremos algo en mellorar o aspecto porque estamos centrados en mellorar “as máquinas”.

    No tema de idioma, evidentemente somos conscientes de que hai moitas persoas que nos siguen e lles gustaría unha versión en español. Como podedes observar ainda hai partes da interface que están sen traducir ao galego, principalmente debido a que dispoñemos de pouca “man de obra” e traballar con varios idiomas complica a xestión deste sitio.
    No caso do inglés, dado que é o idioma por defecto de case todo o software, custa relativamente pouco activalo na interface en relación aos beneficios que nos dá.

    E respecto da páxina de lexislación, estamos totalmente de acordo e tomamos nota, pero volvemos repetir o da man de obra.

    1. Xa fixemos cambios na visualización do calendario, e incluimos unha versión para imprimir

  3. Xocas, moi rápida a resposta para poder imprimir o calendario. Outras suxerencias:
    – poder visionar videos de regatas e encontros
    – tamén poñer os blogs oficiais das asociacións no apartado de “colectivos” debaixo dos enderezos, por exemplo, ou tamén nos enlaces blogs
    – Poñer un apartado de curriculum actualizado da FGCMF, por exemplo no apartado “Quen é”
    Apertas
    xaquin

    1. Se me esquencía: notase en falla o logo da FGCMF, e se cadra no encabezado superior para que non sexa tan estático cunha imaxe fixa, poderíase poñer imaxes que se vaian cambiando.
      Ala, chao

      1. Máis cousas:

        No apartado seccións, igual se pode meter algunha exposición da FGCMF.

        No apartado barcos, unha idea simple: ordenar por tipoloxías acompañada dunha descripción.

        Pouco a pouco non?

        1. Por partes outra vez.

          Blogs: acabamos de actualizar a lista de Colectivos e efectivamente faltaban os enlaces a algúns blogs dos que xa se dera noticia na páxina principal.
          Videos: precisamos unha persoa que teña tempo e controle o tema edición e subida de videos.
          Curriculum: está pendente de actualizar, esperamos que en pouco tempo se faga.
          imaxes: imos ter imaxes rotatorias na cabeceira.
          Logo: tomamos nota.
          Expos e listaxe de barcos: están en proxecto.

          Como xa podedes supoñer moitos destes traballos son cuestions de ter man de obra disponible.

          Agradecemos moito as suxerencias, pretendemos que este sitio sexa útil e precisamos de opinións.

  4. Em Portugal diz-se que UMA BOA IMAGEM VALE MAIS QUE MIL PALAVRAS.
    Parabéns à FGCMF pela procura de inovar e melhorar o seu
    WEB em prol da divulgação da Cultura Marítima.

    Albino Gomes
    Vila do Conde

Comments are closed.