Seguindo a construción do Beagle


Segue a bo ritmo a construción en vivo da maqueta do Beagle no Museo do Mar de Galicia. Neste momento xa case está rematado o casco, e o bauprés posto no seu sitio.
Aqueles que non poden achegarse ao Museo do Mar de Galicia poden seguir os progresos da construción da maqueta do Beagle no web ModelismoNaval.com.
Peródicamente o seu administrador sube fotografías e videos do traballo do carpinteiro Paco Fra na exposición Navegando no Beagle. Darwin.
(Foto Joaquín Yarza)

Etiquetas