Seminario Internacional sobre Ordenación, Planificación e Xestión do Litoral: reflexións desde Galicia


Os días 17 e 18 de novembro a sede da Fundación Barrié na Coruña acollerá o Seminario Internacional sobre Ordenación, Planificación e Xestión do Litoral: reflexións desde Galicia, organizado polo Observatorio do Litoral da Universidade da Coruña.
Este seminario pretende promover a reflexión científica e técnica sobre seguridade marítima e medio ambiente e trasladar a Galicia un amplo debate aberto sobre como deseñar a “gobernanza do litoral” na comunidade; un debate que, coa orientación dalgúns dos mellores expertos nacionais e internacionais suscite a participación de todos aqueles sectores da sociedade que coas súas variadas actividades -sociais, económicas, ambientais, etc. – concurren sobre as zonas costeiras de Galicia.

Etiquetas