Seminario sobre o Patrimonio Cultural de Galicia

O vindeiro día 13 de novembro vai ter lugar na Casa do Concello de Mondaríz-Balneario o Seminario sobre o Patrimonio Cultural de Galicia.
A próxima revisión da Lei de Patrimonio serve como arranque para que neste seminario se reflexione sobre o futuro do patrimonio e o papel das Administracións no seu coidado e difusión.
Nas conferencias previstas farase un repaso á situación e perspectivas de distintos aspectos do patrimonio, sendo Pablo Carrera o encargado de falar do Patrimonio marítimo e fluvial, e Eugenio Rodríguez Puente do Patrimonio subacuático.

Etiquetas