Sen solución por agora á de Purro, o estaleiro da Banda do rio en Bueu

A Coordinadora pola Defensa do Estaleiro de Purro ven de presentar escritos á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e á Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y Mar, do Ministerio de Medio Ambiente, solicitando que se desbloquee a situación actual de paralización do proxecto de recuperación do estaleiro. O pasado día 12 presentara no Concello de Bueu un escrito solicitando o compromiso do Concelllo na solución do problema.

(Foto e noticia vía Salvemos o Estaleiro)

Etiquetas