Silencis i absències en els processos de patrimonialització de la cultura marítima. Seminario

Vai ter lugar o vindeiro día 17 de decembro en Palamós o Seminario Silencis i absències en els processos de patrimonialització de la cultura marítima, organizado polo Institut Català de Recerca en Patrimoni Cultural e a Càtedra d’Estudis Marítims da Universitat de Girona.

Segundo o programa, os expertos chegados de España, Portugal, Francia e Canadá reflexionarán sobre como se están producindo os procesos de patrimonialización da cultura marítima tanto en España como fora, salientando os aspectos que están ausentes ou silenciados neste proceso.
A asistencia ao Seminario é gratuita, pero é preciso inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas.

Etiquetas