Silencis i absències en els processos de patrimonialització de la cultura marítima. Videos

Están disponibles en Documare os videos das intervencións dos ponentes do seminario Silencis i absències en els processos de patrimonialització de la cultura marítima.
Todas elas son interesantes e paga a pena velas, pero queremos destacar a de Dionisio Pereira, Antagonismo y memorias cruzadas en la pesca: el caso gallego, que fai un repaso a pouca presenza do conflicto entre grupos e clases na memoria dos últimos 80 anos da pesca en Galicia.

E tamén queremos destacar a ponencia de Juan Antonio Apraiz (Koiote), La patrimonialización efectista de la cultura marítima, que seguro animará a discusión sobre o papel do patrimonio marítimo na actualidade.

Etiquetas

4 cometarios sobre “Silencis i absències en els processos de patrimonialització de la cultura marítima. Videos

    1. Cada vez hai máis iniciativas, e pero son poucas as que duran. Os concellos apuntanse ó patrimonio pero de boquilla. Queren patrimonio chave en man, que traballar todos os dias non da votos.

      1. Non votarlle toda-la culpa as institucións,tamén outras veces por deixadede ou outro motivo os humans nos olvidamos das cousas,esto é
        o caso do Apupo que dende o ano 2oo9 non volveu sair.

        1. O Apupo non sae por motivos económicos, e como xa se explicou anteirormente, cando había cartos non puido sair porque a persoa que dirixiría a publicación tivo problemas de saúde.
          Non esquecemos o Apupo, esperamos que coa incorporación de máis xente á directiva se poida sacar outro número, ainda que sexa en versión electrónica, xa que como todos sabemos hai moi poucos cartos para facer unha edición en papel.
          En todo caso, quen queira botar unha man é benvido, ninguén sobra neste traballo.

Comments are closed.