Singraduras didácticas pola ría de Pontevedra no galeón Ave de Paso

O vindeiro sábado 30 de agosto ás 17:00 h o Museo Massó organiza unhas singraduras didácticas pola ría de Pontevedra a bordo do galeón Ave de Paso.

Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento que impulsa a protección das embarcacións tradicionais e os coñecementos e técnicas a elas asociados, co obxecto de conservar a cultura mariñeira e convertela nun factor de desenvolvemento do turismo local.

As prazas están limitadas a 10 persoas por saída (os menores deden ir acompañados dun adulto). A inscrición é gratuíta por estricto orden de reserva e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838. Deberá confirmarse a asistencia 24 horas antes da saída para que a inscrición se faga efectiva.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *