Sobre o novo decreto de matriculación

Postos en contacto coa Dirección General de la Marina Mercante comuníncannos que a pesar da redacción ambigua do decreto as embarcacións tradicionais siguen precisando matriculación.

Tamén nos informan de que están a traballar nunha futura norma específica para as embarcacións tradicionais. A FGCMF espera poder colaborar coa DGMM na elaboración desta nova norma, e parece que por parte da DGMM a predisposición é boa.

Por outro lado as xornadas sobre este tema previstas para finais deste mes quedan aprazadas para primeiros do ano vindeiro, debido áo pouco tempo dispoñible para organizalas en condicións.

Etiquetas