Sociedade Galega de Historia Natural. Ferrol. Blog


A delegación en Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural ten na rede un blog moi activo e con moitas imaxes.
A SGHN-Ferrol é unha asociación con máis de 30 anos de experiencia na defensa do medio ambiente, que colabora con entidades a asociacións relacionadas co mar, por exemplo participou no VIII Encontro en Ferrol, e que mantén unha UCI encargada de atender e recuperar lobos mariños e focas (dos que as fotos son magníficas), entre outras moitas actividades.
Ademais desto a SGHN ten un Museo da Natureza moi importante pola cantidade e variedade dos seus fondos. Este Museo ía ser trasladado á súa sede definitiva na Casa do Coronel en Ferrol, cousa que agora non é segura o que está a provocar a mobilización ciudadana para que se leve adiante o traslado.
Pódese seguir a evolución do Museo no blog, do que recomendamos vivamente a visita.

(Foto tomada da SGHN-Ferrol)

Etiquetas

Un comentario sobre “Sociedade Galega de Historia Natural. Ferrol. Blog

  1. O traballo que levan facendo os amigos da Sociedade é merecente da máis alta estima . Lembremos que nunha concepción integral do concepto patrimonio marítimo non pode pasar por alto o medio natural. Este non é un simple “soporte ” senón que é un elemento destacadísimo do patrimonio. Lembremos que o patrimonio, entendendoo dun xeito amplo e máis xusto, inclúe a natureza. Isto empata coas preocupacións ecolóxicas que por se alguén se esquecía , xa non son un luxo, ou por expresarse nunha visión economicista un ” recurso ” a explotar.
    A miña solidadriedade con eles en recoñecemento da súa obra. Demostran que a sociedade civil adiantase a sociedade institucionale eles son os que deben marcar a pauta para a conservación deste legado… quén senón ?

Comments are closed.