Sueste renova o seu blog

Os amigos da Asociación Sueste, de Moaña, acaban de facerlle unha pequena renovación ao seu blog, onde se pode ver información da asociación, os seus barcos e os barcos dos seus socios, acompañado todo dunhas excelentes fotografías. Recomendamos a visita demorada a este blog para ver o traballo de Sueste nos últimos anos, especialmente para ver como recuperaron o Eliseo, un galeón construído no Freixo en 1908, e que probablemente este verán volverá ao mar que o veu nacer cando participe no XI Encontro.

Sueste non só ten unha pequena flota moi interesante tamén organiza actividades relacionadas coa carpintería de ribeira nos estaleiros que ainda quedan en Moaña, como o de “Calragho”, e destas actividades tamén se poden ver fotos e outro material no seu blog.

Etiquetas