Talasonimia da Costa Sur de Galicia. Libro

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Confraría de Baiona teñen o pracer de convidarte á presentación do libro TALASONIMIA DA COSTA SUR DE GALICIA. Da Punta do Caranquexo (Panxón, Nigrán) ao Regueiro da Gándara(Salcidos,A Guarda) do que é autor o arqueólogo e subdirector do Instituto de
Estudos Miñoranos Xosé Lois Vilar Pedreira.
No acto intervirán Gonzalo Navaza Blanco, profesor da Universidade de Vigo, escritor, membro da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia e da Asociación Galega de Onomástica e Iván Area Carracedo, profesor e vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo e coordinador do Proxecto RONSEL de recuperación do patrimonio inmaterial de Galicia.
O acto que será presentado polo Director do Instituto de Estudos Miñoranos Carlos Méixome Quinteiro terá lugar o próximo mércores 1 de outubro ás 20:30 h. na Lonxa de Baiona e rematará coa intervención da Coral Polifónica de Baiona.