Todo pasa, todo queda

regata feminina

 

Todo pasa, todo queda é o título do libro de fotografías de Galicia (fins s.XIX-1950) que Galicia Hoxe está a regalar esta Semana das Letras. É unha iniciativa interesante, non novedosa porque xa hai moitas publicacións sobre fotografía antigua de Galicia, pero ésta ten máis de 300 imaxes, unha grande difusión e baixo prezo, e moitas das imaxes son raras de ver noutros libros, cando non son inéditas.
A presenza do mar é ampla, e tanto en número de fotos como en temas, como se pode ver nestas dúas imaxes, a de arriba é unha regata de remos feminina nos anos 20 e a de abaixo a descarga de leña dun trincado, ambas no porto da Coruña.

Descargando leña

 

Etiquetas