Tous les bateaux du monde. Exposición



O Musée National de la Marine, en París, alberga ata o 19 de setembro a exposición Tous les bateaux du monde, arredor das navegacións e investigacións do Almirante Pâris.

François-Edmond Pâris (1806-1893) foi un mariño, científico, artista, e estudioso dos barcos tradicionais de todo o mundo. Nas súas viaxes recolleu informacións, fixo planos e debuxou acuarelas da vida marítima e fluvial dos pobos que visitou, e tamén tiña unha rede de informadores en moitos paises que lle forneceron datos e planos dos barcos da súa zona.

Na exposición pódense ver varios barcos, 150 maquetas de barcos, pinturas, planos, etc, de barcos dos cinco continentes.
Para os que non teñan a sorte de poder achegarse a París antes do remate, o Musée elaborou unha pequena pero deliciosa e moi recomendable exposición virtual

(Vía O mar das Garrafas)

Etiquetas