Transfusión oceánica no Chazo

O vindeiro sábado 12 de decembro ás 19:00 h vaise presentar o libro de Xosé Iglesias Transfusión oceánica en Asteleiros Triñanes, no Chazo, Cabo da Cruz. Presentará o acto Paco Souto e xunto a Xosé Iglesias participará tamén a poeta María José Fernández e a pianista Aida Saco. Xosé Iglesias é un mariñeiro-poeta do que xa temos falado anteriormente. No vídeo de abaixo aparece presentando o seu libro a bordo do seu barco, o Primero Villar.
 
 

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *