Travesía en embarcacións tradicionais. Acción de verán 09

Xa está aberto o prazo para inscribirse na actividade Travesía en embarcacións tradicionais, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade, dentro da campaña Acción de verán 09.
Esta actividade vai dirixida a persoas entre 18 e 35 anos, e o único requisito é saber nadar.
Dentro da actividade hai dúas rutas, a norte desenvolverase polas rías de Arousa e Pontevedra, e a ruta sur polas rías de Pontevedra e Vigo.
No blog da ACD Dorna hai fotografías e información sobre as rutas do ano pasado.
Dentro de Acción verán 09 tamén hai unha navegación nun veleiro clásico.
Máis información en Xuventude.net
(vía Órzalle aí)

Etiquetas