Últimas regatas da tempada: Marisco, Desafío a remos e Copa Balbina

O vindeiro sábado 10 de outubro vai ter lugar no Grove a Regata do Marisco. Organizada por Dorna Meca, a saída será ás 16:00 h no porto do Grove. Este mesmo sábado en Sada ás 17:00h terá lugar a última regata da VII Copa Balbina, organizada polos Patexeiros e que tivera que ser aprazada.

O domingo 11 ás 17:00 h terá lugar o Desafío a remos no Grove. Unha regata de dornas a remos por relevos entre o peirao do Corgo e a ponte da Toxa. O equipo gañador quedará co trofeo por un ano, ata a vindeira edición.

(Imaxe de arriba Alejandro Agrelo, a de abaixo Xan Caneda, ambas vía Dorna Meca)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *