Un mar de cousas. Celebrando o Día Marítimo Europeo en Galicia

O vindeiro día 21 de maio vai ter lugar no Museo Massó en Bueu a xornada Un mar de cousas. XX anos da recuperación do pecio da Marina, que vai servir para celebrar o Día Marítimo Europeo. Como xa se fixera o pasado ano, os proxectos europeos Dorna, NEA2 e Fishernet, este ano xunto cos Museos do Mar de Galicia, do Pobo Galego e Massó e da Federación Galega pola cultura Marítima e Fluvial organizan esta xornada para reivindicar a nosa cultura marítima.

Un mar de cousas quere dar a coñecer un feixe de actuacións de conservación do patrimonio e a cultura marítima que se están realizando, en moitos casos pouco coñecidas e/ou valoradas e server de punto de encontro para as persoas que traballan a prol da nosa cultura marítima e para compartir experiencias e xerar novos proxectos.

O programa é moi variado, e inclue saídas ao mar para escolares e asociacións de caracter social.

A asistencia é gratuita, previa inscrición antes do 18 de maio.

Etiquetas