Un mar de ilusión. Proxecto de Mar de Noia

A asociación Mar de Noia está a organizar unha exposición moi ampla relacionada coa cultura marítima, para a que está a recabar apoios.
A exposición vai ter como sede o claustro superior de San Martiño Pinario en Compostela, e vai estar aberta do 1 de decembro de 2006 a 7 de xaneiro de 2007.
Podedes ver o tríptico da exposición

Etiquetas

Un comentario sobre “Un mar de ilusión. Proxecto de Mar de Noia

  1. Moi recomendable esta exposición da Asociación Mar de Noia.
    Onte, por falta de tempo, só puiden facer unha visita relámpago… pero pasarei outro día para mirar con máis calma.

    Gustáronme moito as fotografías antigas dos balandros, pailebotes, barcas de pesca… tan abundantes na vila noutros tempos. É unha verdadeira lástima que hoxe en día queden alí tan poucas embarcacións, en parte creo que debido ás dificultades de navegar nunha zona tan condicionada pola marea (o cal parece que antes non tiña tanta importacia…).
    Falta faría un bo dragado na canle de entrada ó porto!

    Habería posibilidade de conseguir copia desas fotos?

    Graciñas!

Comments are closed.