Un trincado entrando en Ferrol a vela

A imaxe de arriba mostra un trincado entrando na ría de Ferrol á altura do Castelo de San Felipe. Con pouco vento de popa, os mariñeiros tiñan que axudarse cos remos. É das escasísimas imaxes nas que se pode ver o aparello dun trincado. A imaxe é posterior a 1910, polo que seguramente sexa un dos últimos trincados con vela de relinga.

(Imaxe: fondo Ruiz Vernacci do Instituto do Patrimonio Cultural de España CC-by-nc-nd)

Etiquetas