Urbano Lugrís. Centenario do seu nacemento


Hoxe, 28 de xaneiro, cúmprese 100 anos do nacemento de Urbano Lugrís, un dos pintores galegos con maior personalidade, e que adicou gran parte da sua obra ao mar.
Para conmemorar este evento a Fundación Caixa Galicia montou a exposición “Urbano Lugrís, nos fondos da Colección Caixa Galicia” e a mesa redonda Homenaxe a Urbano Lugrís no centenario do seu nacemento, na que participan Antón Patiño, Olivia Rodríguez e Luís Rei Núñez, especialistas na obra literaria e pictórica do artista. Esta mesa redonda terá lugar hoxe 28 ás 20:30h no Centro SocioCultural Caixa Galicia da Coruña (rua médico Rodríguez).
En internet dispoñemos de acceso aos cadros expostos, e tamén á obra de Lugrís nos fondos de Caixanova, e a unha exposición virtual

Etiquetas