Urbano Lugrís no Museo Massó e viceversa

O vindeiro día 20 de outubro vai ter lugar no Museo Massó unha visita-conferencia arredor da obra e persoa de Urbano Lugrís. A actividade será conducida pola directora do museo Covadonga López de Prado Nistal, e consistirá nun percorrido monográfico pola obra que o pintor Urbano Lugrís realizou por encargo da familia Massó e a pegada que deixou a colección do entón Museo Mariñeiro na configuración da iconografía e o universo pictórico de Lugrís. O aforo é limitado.

Etiquetas