V Encontro de Embarcações Tradicionais – Rio Cávado 2013

Os vindeiros días 31 de maio e 1 e 2 de xunho vai ter lugar en Esposende o V Encontro de Embarcações Tradicionais – Rio Cávado 2013 organizado pola Associação Forum Esposendense.

O programa é amplo, con navegacións, exposición de fotografías de Manuel Gardete, charla sobre as marcas de pescadores de Esposende, visitas aos Museos Marítimo e Municipal de Esposende, presentación do libro Fregateiros do Tejo, tertulia, e o Aniversário da Associação de Pescadores profissionais do concelho de Esposende.

Os tripulantes que decidan asistir co seu barco terán comidas e dormida por conta da organización, e a sempre magnífica acollida que os amigos portugueses dan aos asistentes aos seus eventos.

A data límite para inscribirse é o 5 de maio. Os interesados deben preencher esta folla de inscrición e enviala á associacao@forum-esposendense.pt acompañada dunha fotografía do barco en boa resolución.

Etiquetas