V Seminario sobre a memoria “Asociacionismo mariñeiro, represión franquista e resistencia democratica”

Do 30 de maio ao 1 de xuño de 2014 vai ter lugar o V Seminario sobre a memoria, que nesta ocasión ten como tema: «Asociacionismo mariñeiro, represión franquista e resistencia democratica». Este Seminario con actividades en Rianxo, Noia, Portosin, Sigüeiro e Mesía está organizado polos departamentos de ciencias sociais do IES Felix Muriel de Rianxo e o IES Melide, por Nova Escola Galega e polo Instituto Galego de Historia e pretende suxerirlles aos asistentes una reflexión sobre o fenómeno do asociacionismo mariñeiro e da guerrilla antifranquista que posibilite un mellor coñecemento do noso pasado máis recente.

No programa do Seminario está prevista unha conferencia inaugural sobre o asociacionismo dos mariñeiros galegos a cargo de Dionísio Pereira e Eliseo Fernández. Tamén está prevista unha saída no Joaquín Vieta pola Ría de Muros para ver os lugares relacionados coa represión, unha charla sobre a guerra civil e a represión dos mariñeiros no Barbanza e sendas visitas a Noia a Rianxo para ver os lugares relacionados co asociacionismo mariñeiro.

Etiquetas