Vela ao tercio en Venecia


No entorno de Venecia a Associazione Vela al Terzo traballa para a protección e promoción dos barcos tradicionais venecianos que montan un característico aparello con vela ao tercio coas velas cheas de cores e debuxos.

As tipoloxías presentes son de variado porte e fasquía, e chaman a atención algunhas semellanzas entre este aparello e os que montan os nosos barcos con vela ao tercio, como se pode ver na Piccola Guida sulla Vela al Terzo.

Esta asociación promove regatas, elabora un inventario de embarcacións con vela ao tercio, promove cursos de navegación e edita material sobre estes barcos.
No seu web hai moita información e fotografías, tanto sobre os seus barcos como sobre a súa organización e actividades.

Etiquetas

4 cometarios sobre “Vela ao tercio en Venecia

      1. É cousa de copiar e pintar as nosas tamén. Se hai dornas verdes porque non pode haber velas amarelas?

        1. Son coridas, si, e ben lindas… pero non sendo en regatas non se deixan ver… Xa lles gostaría ter as velas ao terzo xogueteando como as dornas da Arousa en tantas e tantas tardes!
          Pero si, si: viaxe a Venezia XA!

Comments are closed.