Veleando polas nosas letras

Para conmemorar o día das Letras galegas o Club de Mar de Ferrol en colaboración co Concello de Fene organiza a I Concentración de Embarcacións Tradicionais do Concello de Fene.
A concentracción será o día 27 de maio ás 17.30 h

E por se alguén non ve a relación entre o mar e as letras transcribimos un soneto do laxense Antón Zapata Garcia (1886-1953) adicado aos trincados, o barco emblemático da ría de Ferrol.

       Trincado
 
Nachudo de arrufada, con papos de home gordo
n-un largo, vai fendendo a xeito de bigotes,
as ondas que, en salseiros, pol-o courel, abordo,
solagan imbornaes, bancadas, calabrotes…
Ben tesas as estachas nos rexos cadenotes,
o pau renxe coa vele relinga, e do balbordo
que fan os seus costados que lembran cachalotes,
un branco ronsel deixa, escumosante, xordo…
Eisi vai avantando, n-un firme barlovento,
case ao longal turquesa da galizana ría
– da praia na procura, que agarda o cargamento-;
e cando xa se emproa, e ao vento bate a vela,
ás voces de: “¡der fondo!”,”¡desata drisa!”, “¡arría!”,
¡Cal de un ditroma iñorme, dél sae unha gamela!…

Etiquetas