Vento mareiro. Exposición

O vindeiro venres 11 de xaneiro ás 19:30 h vaise inaugurar a exposición Vento mareiro no Centro Comercial Arousa, en Vilagarcía. A exposición organizada conxuntamente polo Centro Comercial Arousa xunto coa FGCMF conta con varios barcos acompañados con paneis explicativos de cada tipoloxía. Poderanse ver unha dorna, un racú, unha buceta, un loro, un bote de Carril e dous faluchos.

A mostra estará aberta ata o 10 de febreiro e os sábados 2 e 9 de febreiro de 16:30 a 19:30 h haberá unha actividade dirixida ao público infantil para que se familiaricen coas especies da costa galega e os tamaños permitidos na pesca.

Etiquetas