VI Concentración de vela tradicional de Ares

O vindeiro sábado 11 de agosto vai ter lugar a VI Concentración de vela tradicional de Ares, organizada polo C.N. Ría de Ares.

A inscrición pode facerse na oficina de regatas que estará aberta de 10 a 14 horas, e a regata terá a saída ás 17 horas. A entrega de trofeos e merenda será as 20 horas.

Para máis información pode contactarse coa secretaría do Club náutico no 981 46 87 87.

Un comentario sobre “VI Concentración de vela tradicional de Ares

  1. Gracias pola divulgación na sua web da noticia.
    Decirlles que barcos de Ares, Sada, Perbes e Redes encontrámonos na regata sendo os británicos Marlet, Sountress, primeiro e segundo respectivamente e o Abur de Redes o terceiro clasificado. As condicións de mar e vento fixeron que algún pao, botalón e demáis arranxos de distintas embarcacións sufriran desperfectos pero non por eso deixou de ser unha xornada disfrutada.

    Un saúdo,

    Juanjo “Alivanta”

Comments are closed.