VI Muiñada. Xornada de exaltación do patrimonio cultural. Outes

Terra de Outes organiza para os vindeiros días 29, 30 e 31 de Agosto a VI Muiñada, unhas xornadas de exaltación do patrimonio cultural que nesta ocasión están adicadas ao patrimonio marítimo.

Serán tres días de interesantes actividades arredor do mar no Centro Náutico Municipal do Freixo. Segundo o programa o venres haberá a inauguración da exposición “O XI encontro de embarcacións tradicionais de Galicia”, logo proxectarase o documental O encontro de embarcacións tradicionais de O Freixo-Outes en 2013, posteriormente haberá a charla O patrimonio marítimo galego a cargo de Víctor Fernández, membro da directiva da FGCMF, e a conferencia Os escritores galegos do mar a cargo de Francisco Fernández Naval.

O sábado haberá dúas conferencias, A Formación en carpintaría de ribeira no Estado español a cargo de Enrique Otero, da Aixola, e Os estaleiros de Outes a cargo de Xan F. García Suárez. Posterirormente haberá unha homenaxe ao mariñeiro Manuel Martínez Otero, morto no Desembarco de Normandía.

O domingo a Tertulia Literaria Tapal, de Noia, representará o espectáculo poético dramatizado Este é o noso mar!, haberá música e farase a botadura oficial de dúas embarcacións da ACC Terra de Outes, unha buceta e un bote de Noia.

Estas embarcacións foron construídas pola Aixola e cedidas a Terra de Outes para a súa dinamización e socialización. Nas fotos de abaixo pode verse como se puxeron a hinchar os barcos logo de que chegaran ao Freixo.




Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *