Vida marítima. Blog

Vida marítima é un blog creado e mantido por Vicente Sanahuja. O seu tema é o mundo marítimo español, especialmente a mariña mercante, na época do vapor e dos primeiros motores de combustión interna.
Os seus post son dunha extraordinaria calidade, moi documentados, e ilustrados con fotografías a alta resolución sacadas de publicacións da época.
Como xa dixemos a súa temática é moi ampla, e por tratar dunha época que non é moi coñecida o seu valor como fonte de información é notable.
No seu último post recolle información de José Barreras Massó, unha das personalidades mais interesantes do sector marítimo galego de principios do século XX, e a quen non se lle ten dado a atención que merece.

(Agradecemos a Homesdepedra a referencia)

Etiquetas