Vídeos do congreso Jorge Juan e Ferrol

O usuario bluesmanalone está subindo a Youtube vídeos das conferencias do congreso Jorge Juan e Ferrol. Por agora xa están dispoñibles as conferencias de Jose Manuel Vazquez Lijó, Alfredo Martín García, Juan Marchena Fernández, Alfredo Manuel Vigo Trasancos, José Antonio Rodríguez-Villasante Prieto, José María de Juan-García Aguado (só a parte inicial), Agustín Guimerá, José María Sánchez Carrión, e Francisco José González González.

Agradecemos a bluesmanalone que gravara e puxera a disposición de todos estas magníficas conferencias que agora podemos ver. Esperamos que poida subir as conferencias que ainda faltan para ter completo o congreso.

Actualización: Bluesmanalone creou unha lista de reprodución para poder ver todos os vídeos con facilidade

Etiquetas

2 cometarios sobre “Vídeos do congreso Jorge Juan e Ferrol

  1. Boas.

    Grazas polo post e polas ligazóns.

    Conseguín grabar a meirande parte do congreso pero non todo. Unha tarde non puiden acudir e outra dificultade e que non tiven baterías dabondo para grabar tantas horas. De ahí a mágoa de que algunha das conferencias non estea ou non estea completa.

    Nen embargantes a maior parte do que pasou pódese ver. Pouco a pouco espero ir subido todo o que queda ata conquerir ter na canle todo o material que teño. Pareceume un congreso de moito nivel e interese que debería de estar a disposición de quen quixese de forma doada. Alégrome de que haia máis xente do memo parecer.

    A maneira máis sinxela de ter os vídeos do congreso agrupados penso que é mediante a lista de reproducción que fixen http://www.youtube.com/playlist?list=PLgGEGWz9ct9tVCBJ0MaGRtDvryMQELcCt

    Saúdos.

    1. Grazas a ti. Sabemos o traballo que supón filmar esas horas e preparar os vídeos para subir á rede.

Comments are closed.