VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Moaña

O vindeiro día 7 de agosto vai ter lugar o VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Moaña, organizado pola Asociación Sueste. Este evento enmárcase dentro da VII Semana do Mar, patrocinada polo Concello de Moaña.
Rodeando este Encontro hai unha serie de actividades relacionadas:

Días 4 e 5. Navegación no Eliseo pola ría. A partir das cinco da tarde e dende o peirao da Mosqueira.

Día 6. Charla sobre o patrimonio marítimo galego. Será impartida por Víctor Fernández, Presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Realizarase no estaleiro de “Carlagho”, as 21,00 horas

Días 12, 13, 14. Portas Abertas no estaleiro de Carlagho. Exposicións fotográficas e de embarcacións tradicionais galegas.

O Eliseo é o galeón que Sueste recuperou, un fermoso barco de 1908 que agora xa ten as súas velas e pode navegar como hai máis de 100 anos.

Programa da Semana do Mar
Carta ás asociacións
Folla de inscrición no VII Encontro

(Foto F. Piñeiro)