VII Mostra de modelismo naval. Amonaga 2013

Mañán 22 de maio ás 20:00 h vaise inaugurar no Museo do Mar de Galicia a VII Mostra de modelismo naval. Amonaga 2013, organizada pola Asociación de Modelistas Navais de Galicia.

A mostra que estará aberta desde o 23 de maio ao 30 de xuño conta con Pedro Iglesias Penedo como modelista invitado. A entrada á mostra é gratuíta, e o seu horario será de martes a domingo de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h ata o 14 de xuño e 17:00 a 20:00 desde o 15 de xuño.

Etiquetas