VII Semana do Mar. Marín


A vindeira semana do 5 ao 11 de decembro vai ter lugar a VII Semana do Mar na Casa da Cultura do Seixo (Marín) organizada pola Asociación de Pescadores de Aguete “Chirleu” e o Grupo Cultural “Ronsel”.

O programa que se pode ver no cartel inclue a exposición fotográfica Polos mares austrais, a proxección do documental Bueu, unha bota de altura, unha coferencia de Fidel simes sobre o bote polbeiro, o documental O naufraxio do Sirio, unha conferencia de Rafael Bañón sobre os peixes de Galicia, unha visita ao Museo do Mar de Galicia, unha saida a vela en embarcación tradicional desde Aguete, e a proxección do documental Galeg@s universais: historias do mar.

Etiquetas