VII Xornadas de pesca. O Pindo

Do 29 de xuño ao 1 de xullo van ter lugar no Pindo as VII Xornadas de Pesca, organizadas pola Confraría de pescadores do Pindo e o proxecto Pindo mariño baixo o lema Un mar de recordos. O proxecto Pindo mariño ven traballando dende hai anos para lograr a difusión da cultura mariñeira en toda a súa extensión, a conservación, difusión e posta en valor do patrimonio marítimo e a dinamización do contorno social de O Pindo. No seu web pódese atopar un inventario de patrimonio marítimo de Muros, Lira, O Pindo, Fisterra, e Laxe elaborado pola Fundación Lonxanet.

Dentro do programa das VII Xornadas hai presentación de empresas relacionadas co mar, actuacións musicais, charlas coloquio sobre o Prestige coa participación de voluntarios e persoas afectadas, presentación do proxecto Galicia en cor. Rede de reencontros, roteiros, concursos de sobremesas típicas, unha charla de Dionísio Pereira sobre a historia do Pósito de Pescadores do Pindo, e outra de Xilberto (veciño do Pindo) sobre o edificio do Pósito, e para finalizar a presentación dos libros Loita de clases e represión franquista no mar 1864-1939, e Tamén navegar

Etiquetas