VIII Encontro de Embarcações Tradicionais de Esposende – Rio Cávado 2016

Os vindeiros Días 3 a 5 de xuño vai ter lugar o VIII Encontro de Embarcações Tradicionais de Esposende – Rio Cávado 2016 que organiza o Forum Esposendense. Ademais das navegacións previstas no programa, os participantes poderán facer un roteiro por Esposende con degustación de produtos locais e asistir a varias actuacións musicais ademais de desfrutar do Festival do Mar do que forma parte o Encontro.
As persoas interesadas en participar co seu barco teñen que cubrir a ficha de inscrición e enviar xunto cunha foto do seu barco de boa calidade para poder facer un folleto dos participantes.
como sempre, lembrar a excelente acollida que os amigos portugueses dan aos participantes neste Encontro e que aínda que a data límite para inscribirse é o 8 de maio convén facer a inscrición o antes posible para facilitar o traballo dos organizadores.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *