Visita dunha delegación do European Maritime Heritage

Este pasado fin de semana estivo en Galicia unha delegación do European Maritime Heritage.
Os membros do EMH decidiron a celebración en Galicia dunha xuntanza dos seus órganos directivos para coñecer de primeira man o que se está a facer polo patrimonio marítimo, esta xuntanza tivo lugar nas instalacións do Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
O sábado pola tarde estiveron no Grove, onde sairon no Hidria nun pequeno percorrido pola ría de Arousa, despois intercambiouse información sobre as actividades do EMH e da FGCMF, para ter un mellor coñecemento mutuo. Posteriormente visitaron os barcos e instalacións da ACD Dorna na Illa de Arousa.

Etiquetas