Volta á Illa de Arousa con victoria de Dorado e Vicente coa Pereka

O sábado as 16,30 dábase saída a XXI edición da Volta Arousa de Dornas a Vela, non podía ser menos, Dornas procedentes das Rías de Vigo, Pontevedra e por suposto da Arousa, escomenzaban unha regata que resultou moi emocionante e competida. Resaltar o excelente nivel de todolos participantes, cada día as distancias entre dornas na meta son mais pequenas e un minimo error provoca un descenso na lista de chegada, e tamén a alta participación que superou as 40 unidades ademais de outras embarcacións tradicionais que se uniron a travesía. Nunha tarde perfecta para a navegación, non faltou nin sobrou o vento.

Etiquetas