Volve a Fervenza do Ézaro pola denuncia de AEMS-Ríos con vida

Os tribunais de xustiza acaban de obrigar a Ferroatlántica a manter o caudal ecolóxico na desembocadura do Xallas. Esto ten como consecuencia que a partir de agora todos os días do ano poderase ver a fervenza do Ézaro, eso sí, con un caudal limitado, cousa que non sucedía desde hai 19 anos.

A denuncia foi promovida pola asociación AEMS-Ríos con vida, que hai xa moitos anos ven defendo os ríos e a pesca sostible neles a nivel estatal.

No sitio web de AEMS-Ríos con vida atoparedes moita información sobre as súas actividades, e especialmente sobre as actividades do comité local de Galicia. Tamén son recomendables os informes que a asociación ten feito sobre determinados ríos galegos e as posibilidades de parar a ameaza que a explotación hidroeléctrica supón para eles.

Foto: Marcos Rodríguez
Vía Que pasa na costa

Etiquetas